Chegan onte dous alumnos do grupo de Nivel Básico e me comentan o da historia maravillosa da carpeta atopada baixo a tarima. Parece que esta pequena troula de entroido foi creida. Upss.
O modelo era eu....disfrazado
miércoles, 17 de febrero de 2016
jueves, 11 de febrero de 2016
Debuxos de hai cen anos
Baixo a chimenea da aula temos unha tarima. Onte sen querer esvarou unha alumna, non lle pasou nada grave, so un pequeno golpe no xeonllo, pero lle cairon as chaves por un burato desa tarima. Tivemos que abrir a tarima con unhas texoiras, a unica ferramenta que temos na aula, porque so con levantala non lograbamos sacar as chaves de debaixo. Cal foi a nosa sorpresa que nos atopamos alí dentro unha carpeta de cartón duro, vella, pero ben conservada. Dentro da carpeta estaban estes debuxos.
Non están datados nin firmados pero supono que serán de principios de século. O modelo do debuxo podería ser o meu avó.
Non están datados nin firmados pero supono que serán de principios de século. O modelo do debuxo podería ser o meu avó.
miércoles, 10 de febrero de 2016
Panificadora
Chega Aurora o outro día, alumna do grupo superior, e me di que me ten que ensinar algo. Entérome que están a quedar ela máis unha amiga que xa estivera en debuxo, para facer perspectivas urbanas. Xa sei de outras ex alumnas que se reunen para debuxar na rua.
Isto é unha alegría para min, non sabedes ata que punto me fai feliz este feito.
Isto é unha alegría para min, non sabedes ata que punto me fai feliz este feito.
martes, 9 de febrero de 2016
jueves, 4 de febrero de 2016
miércoles, 3 de febrero de 2016
Para cociñar peixe quita a camisa
Suscribirse a:
Entradas (Atom)