lunes, 30 de septiembre de 2013

DESENGRASANDO

Comenzamos o curso desengrasando con uns retratos a partir de foto. Xa pasaremos o retrado do natural. Deixovos algún exemplo. Estes son de hoxe.






SARDIÑA

O outro día atopeime con Sardiña pola rúa, levaba nun carro o "Fillo ilexítimo do Sereo", unha obra que pasea pola cidade para gañar os cartos do día co que lle botan os turistas. Así están as cousas, un artísta da cidade que sempre viviu do seu traballo mendigando dun xeito inxeñoso.¡¡¡ Moito ánimo Sardiña !!!!!.

Deixo unhas fotos do "Sereo cativo" e un dos bocetos para a realización desta obra.



DEBUXO A TIZA



Mirade que chulada....soporte o chan, técnica a tiza.

viernes, 27 de septiembre de 2013

UN MODELO A IMITAR

No ano 97 estiven na Documenta de Kassel,e puiden ver en directo a moitos daqueles artistas que estaban no top ten da vangarda da arte;  pero o que me chamou realmente a atención daquela viaxe,  foi un colectivo de Hamburgo denominado U-Kunst ,  que quere dicir algo así como Non Arte. Este colectivo rexentaba un edificio enteiro e baleiro con grandes espazos abertos e talleres de traballo, tamén con exposicións das súas obras, pinturas, esculturas, serigrafías. Aquel espazo era toda unha experiencia artística que permitía ter contacto directo co traballo do propio autor. Este mesmo modelo o mirei en Berlín xa polos dousmiles.
Me da moita envexa ver como existen cidades que aproveitan todo o potencial creativo da xente facilitando espazos de traballo en edificios que non se utilizan. Este modelo se está a dar en cidades como Barcelona  ou Madrid

En Vigo temos potencial para facer algo así, non somos Barcelona nin Madrid pero somos unha gran cidade que non se pode dormir. É preciso reflexionar sobre a reutilización dos edificios en desuso.

http://www.bcn.cat/fabriquesdecreacio/es/que_es.html

Deixovos tamén este interesante video dun espazo que pertence a este modelo, La Escocesa. Descoñezo o funcionamento interno destes espazos pero a priori pintan moi ben.

https://www.youtube.com/watch?v=H4JSOWT6ruM
ILUSTRANDO UN LIBRO EN DIRECTO NO MUSEO ABC

É unha noticia que me parece interesante. Se estades por Madrid  podedes asistir este fin de semana

ilustrando un libro en directo

viernes, 20 de septiembre de 2013

¡¡¡¡COMEZAMOS O CURSO!!!

Ben, o vindeiro luns 23 por fin comezamos o curso e para darnos moito ánimo e motivaros para empezar con  ganas vos deixo un video do meu grupo favorito, Os Ramones. Ademais ten unha pequena stop motion na pizarra.
Espero que este ano traballemos na aula máis que os Ramones o fan no video.


jueves, 19 de septiembre de 2013

CONCURSO DE PINTURA DE XIXÓN
Concurso

Este concurso de pintura en Xixón está enfocado a xente menor de 35 anos

lunes, 16 de septiembre de 2013

 Daniel Johnston




Sería interesante que aquel que no coñeza  a vida e obra de este xenial músico e debuxante americano, bote unha ollada a súa traxectoria. Merece a pena.

viernes, 13 de septiembre de 2013

BLU e unha das súas Stop Motion


É moi coñecido hai anos por este tipo de obras. Deixovos esta peza para quen non o coñeza e disfrute co seu mundo propio.

martes, 10 de septiembre de 2013

TAKE ON ME

Os acordais de este video? lo recuerdo de mi infancia perfectamente, me parecía increíble como integraban la imagen dibujada con la real . Visto ahora no ha envejecido nada mal ..¡ tiene casi treinta años !. Espero que lo disfruteis. A ver si este curso nos animamos y hacemos una stop motion pequeñita tomando estos videos como referencia.


miércoles, 4 de septiembre de 2013

As libretas de Van Gogh

Emma, a mestra de Deseño e Moda estivo en Ámsterdam no museo deste xenial debuxante e pintor e fixo estas fotos. Grazas Emma.