Atopei unha carpeta con estes traballos e quería amosalos. Son colages realizados no ano 2009 cos alumnos de Debuxo. Este é un exercicio que xa non propoño no obradoiro. Consiste en ir collendo recortes de revistas e facer unha escala de grises que logo se utilizará para resolver os volúmenes.
jueves, 11 de diciembre de 2014
miércoles, 3 de diciembre de 2014
lunes, 24 de noviembre de 2014
As cabazas de novembro
martes, 18 de noviembre de 2014
martes, 11 de noviembre de 2014
Lorena es os seus alumnos de ASPANAEX
No taller artístico do Centro Ocupacional de Aspanaex levan unhas semaniñas ambientando os pasillos con motivo da festa do Samaín. Aproveitando o aprendido no proxecto da aula aberta na especialidade de debuxo, basado na realización de plantillas para grafittis, Lorena Vilar, mestra en este taller, e alumna da EMAO que forma parte da exposición de PROXECTOS 2014, realizou cos usuarios/as do centro un Nosferatu, no que eles/as recortaron esta imaxe que decora unha das portas do edificio. Moi ben Lorena, parabens!!!!!!
jueves, 6 de noviembre de 2014
jueves, 23 de octubre de 2014
miércoles, 22 de octubre de 2014
La Caja
La CAJA é un espazo multidisciplinar situado en unha nave do número 32 do Camiño da Veiguiña, en Alcabre, que funciona como gran contenedor de arte e como rastro de obxetos de segunda man. Xestionado por Rubén e Ara, dispón de moitos pequenos obradoiros para artistas e artesans no que traballar con liberdade. Un lugar que tedes que coñecer porque paga a pena.
martes, 14 de octubre de 2014
Debuxo a mancha
Deixovos un debuxo a mancha de Seymour Simmons, artista e profesor americano, escritor de The Creative Process Simon and Schuster, 1977.
jueves, 9 de octubre de 2014
martes, 7 de octubre de 2014
lunes, 6 de octubre de 2014
Tomi Ungerer en Libros para Soñar
O pasado venres 3 nos reunimos uns cantos alumnos de Debuxo, Serigrafía e Escultura, na librería Libros para Soñar e quedamos encantados co documental do ilustrador alsaciano Tomi Ungerer. Descubrimos moitas das facetas deste xenial artista.
jueves, 2 de octubre de 2014
lunes, 29 de septiembre de 2014
Ciencia Fricción
E despois de ver o documental de Tomi Ungerer en Libros para soñar, nos pasamos polo Halcón Milenario para ver a nova exposición que inauguran estes rapaces "Ciencia Fricción", unha exposición colectiva que reune a Alberto Hortas, Isaac Cordal, Nanvaz, Liqen, Oscar Sanmartín, Peri e Toño Pérez. A mito-ficción e a creación de mundos descoñecidos nunca antes creados serán o fío conductor de esta mostra que non podedes perder
Tomi Ungerer
Este venres na librería de Libros para Soñar temos unha cita con un dos grandes ilustradores do século XX Tomi Ungerer. Deixovos a información.
LIBROS PARA SOÑAR (Triunfo nº 1, Vigo) acollerá este venres 3 de outubro, a partir das 18:30 horas, a proxección do documental “A historia de Tomi Ungerer”, escrito e dirixido por Brad Bernstein. CANAL+ Xtra emitiuno na súa programación e agora, con motivo do inicio da nova tempada de actividades de LIBROS PARA SOÑAR, preséntase nun acto dirixido a público adulto, especialmente profesionais vencellados á ilustración, ao deseño e á docencia artística.
O documental resume en 94 minutos as 40 horas de entrevista que Bernstein mantivo con Ungerer, que repasa a súa vida, as súas cinco décadas de traxectoria profesional e as súas múltiples facetas creativas, dende a literatura infantil e xuvenil ata os seus traballos máis subversivos de temática política, anti-bélica ou erótica, pasando polas súas incursións na publicidade ou na escultura. As súas palabras e ilustracións animadas combínanse con intervencións doutros debuxantes coetáneos, como Maurice Sendak ou Jules Feiffer.
Por outra banda, os álbums ilustrados de Tomi Ungerer para público infantil centrarán a sesión de contacontos parapúblico infantil a partir de 4 anos que se celebrará o vindeiro venres 10 de outubro, ás 18:30 horas. Ademais de repasar a súa obra máis coñecida, “Os tres bandidos”, o repertorio completarase con “Adelaida”, “Críctor” e “Onde está o meu zapato?”, recuperados recentemente por KALANDRAKA.
Tomi Ungerer (Estrasburgo, 1931), que xa foi galardoado co Premio Hans Christian Andersen en 1998 e co Premio Europeo de Cultura en 1999, vén de recibir en Francia a Orde Nacional do Mérito.
viernes, 26 de septiembre de 2014
Para outubro PROXECTOS
Xa temos os proxectos listos para a exposición de outubro. Isa estivo no verán traballando en novos debuxos que ilustrarán o fantástico libro de Tecnoloxía Interestelar, que sairá adiante grazas a colaboración do obradoiro de encadernación e serigrafía.
Tamén vos adianto unhas imaxes do proxecto de Lorena
Tamén vos adianto unhas imaxes do proxecto de Lorena
Ata aquí podo ensinarvos..So tedes que estar atentos a data da exposición de proxectos porque promete. Os traballos de Olimpia e Paco tamén son fantásticos
Suscribirse a:
Entradas (Atom)