viernes, 11 de abril de 2014

¿Cómo sentes os espazos?

Xa temos as primeiras probas do proxecto de Olimpia, no que xoga cas escalas casi como se o obxetivo final fose unha peza escultórica, algo que a priori non pensara pero que podería funcionar como tal.




miércoles, 9 de abril de 2014

Elefante comellón

O venres Marc Taeger presentou na librería  Libros para soñar o libro "Elefante comellón".No proceso de impresión dos orixinais, o ilustrador contou coa colaboración dos mestres Alba Pardo e Federico Fernández. Todo un pracer....deixovos o resultado e remítovos o blog de Serigrafía que ten máis fotos e información.

elefante comellón


martes, 8 de abril de 2014

Metamorfosis

Unha exposición moi interesante se ides a Barcelona.

METAMORFOSIS

Deixo unha animacion de Ladislas Starewitch  un  dos pioneiros da animación de marionetas



Novos Productos V

Hoxe probamos a cámara  na rúa con luz natural. Estamos pensando en facer un caixón con rodas para transportalo e ir traballar ó Príncipe. Ca lente que puxemos so poderemos facer retrato..non temos profundidade de campo infita como en unha cámara estenopeica.






viernes, 4 de abril de 2014

Novos Productos IV

Está rematada. Falta por construir o trípode e que chegue o sol para probala na rúa.
Mirade que acabados, temos que darlle as grazas a Benito que en isto do traballo da madeira está feito un manitas.




jueves, 3 de abril de 2014

O obradoiro de Debuxo gaña o concurso da Pedaliña !!!!!!

Hoxe fixeron público o cartel gañador do concurso de carteis da "Pedaliña", e o taller de Debuxo levou unha gran alegría xa que dous dos tres premios foron exercicios grupales de dous cursos. O primeiro premio o levou Iniciación B, e o segundo premio Perfeccionamento II A. Parabéns para os dous grupos e tamén para o alumno de Serigrafía que levou o terceiro premio. Os diplomas foron entregados polo alcalde da cidade e polo concelleiro de educación, así como o presidente da asociación "A golpe de pedal" e varios patrocinadores . Deixovos unhas fotos do cartel gañador e do evento.


primeiro e segundo premio


os tres gañadores





miércoles, 2 de abril de 2014

Exposición de Pepe. Alumno de Iniciación B

Pepe, alumno de Iniciación B, inaugura o 12 de abril  na igrexa de Candeán unha selección de esculturas e tallas moi particulares. Foi alumno de Escultura e talla na EMAO e agora cursa Debuxo. Deixo  o cartel da exposición.