lunes, 29 de septiembre de 2014

Tomi Ungerer


Este venres na librería de Libros para Soñar  temos unha cita con un dos grandes ilustradores do século XX  Tomi Ungerer. Deixovos a información.




 
LIBROS PARA SOÑAR (Triunfo nº 1, Vigo) acollerá este venres 3 de outubro, a partir das 18:30 horas, a proxección do documental “A historia de Tomi Ungerer”, escrito e dirixido por Brad Bernstein. CANAL+ Xtra emitiuno na súa programación e agora, con motivo do inicio da nova tempada de actividades de LIBROS PARA SOÑAR, preséntase nun acto dirixido a público adulto, especialmente profesionais vencellados á ilustración, ao deseño e á docencia artística.
 
O documental resume en 94 minutos as 40 horas de entrevista que Bernstein mantivo con Ungerer, que repasa a súa vida, as súas cinco décadas de traxectoria profesional e as súas múltiples facetas creativas, dende a literatura infantil e xuvenil ata os seus traballos máis subversivos de temática política, anti-bélica ou erótica, pasando polas súas incursións na publicidade ou na escultura. As súas palabras e ilustracións animadas combínanse con intervencións doutros debuxantes coetáneos, como Maurice Sendak ou Jules Feiffer.
 
Por outra banda, os álbums ilustrados de Tomi Ungerer para público infantil centrarán a sesión de contacontos parapúblico infantil a partir de 4 anos que se celebrará o vindeiro venres 10 de outubro, ás 18:30 horas. Ademais de repasar a súa obra máis coñecida, “Os tres bandidos”, o repertorio completarase con “Adelaida”“Críctor” “Onde está o meu zapato?”, recuperados recentemente por KALANDRAKA.
 
Tomi Ungerer (Estrasburgo, 1931), que xa foi galardoado co Premio Hans Christian Andersen en 1998 e co Premio Europeo de Cultura en 1999, vén de recibir en Francia a Orde Nacional do Mérito.
 

viernes, 26 de septiembre de 2014

Para outubro PROXECTOS

Xa temos os proxectos listos para a exposición de outubro. Isa estivo no verán traballando en novos debuxos que ilustrarán o fantástico libro de Tecnoloxía Interestelar, que sairá adiante grazas a colaboración do obradoiro de encadernación e serigrafía.




Tamén vos adianto unhas imaxes do proxecto de Lorena



Ata aquí podo ensinarvos..So tedes que estar atentos a data da exposición de proxectos porque promete. Os traballos de Olimpia e Paco tamén son fantásticos

viernes, 4 de julio de 2014

O POBO DA FELICIDADE II

Algún dos traballos quedou sen rematar, pero cas imaxes feitas pódese construir un pequeno poema visual, como o de Isabel


Susana




Isabel

jueves, 3 de julio de 2014

O POBO DA FELICIDADE


Amaya

Este foi o título do exercicio de banda deseñada que plantexamos para Perfecc.II. Teño que montar ainda uns cantos dos  traballos presentados, irei poñendo exemplos dos que me parecen mellores  ...espero que vos gusten. Algúns quedaron sen rematar pero merece a pena velos. As condicións..seguir o guión e utilizar tinta na execución.
Deixovos o de Amaya e o de Adrián



Adrián.













martes, 1 de julio de 2014

Proxectos rematados

Xa vos adiantei algún dos proxectos nos que se estivo a traballar este ano , o de Isa é ben coñecido, esa tecnoloxía interestelar que nos quere levar ó espacio a través do debuxo, vai ser un clasico dos proxectos......Parabéns polos vosos traballos e a vosa constancia. Os que non rematastes polos motivos que foran espero que algún día o podades retomar e que sigades insistindo...os que rematastes expoñemos en outubro.....bennn!!!!!!!


Tecnoloxía interestelar

Banksy e a arte queda

¿Como sienten los espacios?

Compostela non é unha col ventureira



Carpetas de Iniciación e recomendacións

Xa rematamos o curso. Este último trimestre, entre o curto que foi, a entrega de traballos e a exposición de "Novos produtos"..andivemos a cen, e non vos ensinei nada, ou  moi pouco do que fixemos na aula. Quero que vexades algunhas das carpetas de Iniciación que pedín para final de curso.. O exercicio consiste en tomar  un obxeto como modelo..e repetilo en diversas técnicas traballadas na aula, todos os debuxos teñen que presentarse co mellor dos mimos. Temos traballos moi ben executados pero mal presentados, é unha pena, pero temos outros que están de dez. Mirade algús exemplos. ¡¡¡parabens!!!!






















Deixovos unhas cantas recomendacións de traballo a algúns alumnos, para que disfrutedes no verán do debuxo, sen agobios ....apertas

Recomendacións de traballo para Iniciación A

Xosefa Álvarez. Realizar un ou varios, os que consideres, obxeto/volumen, utilizando línea, pilot. Realizar escala de grises previa. Utiliza un foco para iluminar e o visor para encaixar
Felix Costa. Realizar uno ou varios, os que consideres, obxeto/volumen, podería ser unha fruta, utilizando tinta. Realizar escala de grises previa. Utiliza un foco para iluminar e o visor para encaixar
María Teresa Dieguez. Realizar un ou varios, os que consideres, obxeto/volumen, utilizando tinta. Realizar escala de grises. Utiliza un foco para iluminar e o visor para encaixar
María Dolores Estévez. Realizar un ou varios, os que consideres, obxeto/volumen, utilizando línea- pilot. Realizar escala de grises previa. Utiliza un foco para iluminar e o visor para encaixar. Realiza escalas de grises co lápis, xogando ca mancha, sen debuxar necesariamente un obxeto.
Dolores Villar. Realizar un ou varios, os que consideres, obxeto/volumen  utilizando carbón e intentando ser obxetiva co que ves. Realizar escala de grises previa. Utiliza un foco para iluminar e o visor para encaixar.
Isabel Campos. Realizar un ou varios, os que consideres, obxeto/volumen, utilizando línea- pilot.e tinta mancha. Realizar escala de grises previa. Utiliza un foco para iluminar e o visor para encaixar. Realiza escalas de grises co carbón, xogando ca mancha, sen debuxar necesariamente un obxeto.

Recomendacións de traballo para Iniciación B

Jesús Chaves. Realizar un ou varios, os que consideres, obxeto/volumen, utilizando carbón. Realizar escala de grises previa. Utiliza un foco para iluminar e o visor para encaixar
María del Pilar Chinchilla. Realizar un ou varios, os que consideres, obxeto/volumen, podería ser unha fruta, utilizando tinta. Realizar escala de grises previa. Utiliza un foco para iluminar e o visor para encaixar
Ana María De La Concepción Pereira. Realizar un ou varios, os que consideres, obxeto/volumen, utilizando tinta, carbón e lápiz mancha para cada obxeto. Realizar escala de grises previa en cada técnica. Utiliza un foco para iluminar e o visor para encaixar
María Ignacia Fernández. Realizar uno ou varios, os que consideres, obxeto/volumen, que non sexa unha fruta, utilizando tinta. Realizar escala de grises previa. Utiliza un foco para iluminar e o visor para encaixar
Sonia Fernández. Realiza escalas de grises a lápis de varias durezas. Traballa as túas mans ou calquera outro obxeto que consideres. Utiliza un foco para iluminar e o visor para encaixar
Consuelo Fontán. Realizar un ou varios, os que consideres, obxeto/volumen, utilizando tinta. Realizar escala de grises previa. Utiliza un foco para iluminar e o visor para encaixar
Jose Domínguez. Realizar un o varios, os que consideres, obxeto/volumen, podería ser unha fruta, utilizando tinta e pilot facendo trama. Realizar escala de grises previa. Utiliza un foco para iluminar e o visor para encaixar
Vanessa Fernández. Realizar un ou varios, os que consideres, obxeto/volumen, podería ser unha fruta, utilizando tinta e pilot facendo trama. Realizar escala de grises previa. Utiliza un foco para iluminar e o visor para encaixar
Marta Fernández. Realizar un ou varios, os que consideres, obxeto/volumen, utilizando tinta. Realizar escala de grises previa. Utiliza un foco para iluminar e o visor para encaixar