martes, 20 de enero de 2015

Outros espazos da EMAO

Outros espazos cos que nos atopamos na EMAO que son fantásticos para a realización do noso exercicio de perspectiva. Ainda temos erros pero vamos mellorando...en dous meses, co bo tempo, estaremos debuxando perspectivas urbanas












jueves, 15 de enero de 2015

Perspectivas da biblioteca.Iniciación

Os alumnos de Iniciación xa remataron a complementaria de debuxo-perspectiva. Estes son algúns dos debuxos que se realizaron na biblioteca. Temos outros espazos do edificio pero esta elección é para que disfrute María Jesus, a nosa bibliotecaria. Un saudo e moitas grazas os que fixestes tan bo traballo.












Retratadores e retratados I


Un dos que primero posou para PerfeccionamentoII  fun eu. Retrato a grafito do natural, Isto é un adianto. O retrato é de Esther.




miércoles, 14 de enero de 2015

Acetato,tinta, tarlatana e tórculo

En Perfeccionamento I estamos  sacando algún gravado a línea das texturas que se fixeron na libreta. Un pequeno agasallo seriado realizado no obradoiro de serigrafía . As planchas son de acetato e a mordida con punzón.










lunes, 12 de enero de 2015

Caveiras

En Decembro a caveira  foi un dos modelos estrela. Non se queixaba nada e daba moito xogo para debuxar co carboncillo. Deixovos algún debuxo rematado.










jueves, 11 de diciembre de 2014

Recordando colages 09

Atopei unha carpeta con estes traballos e quería amosalos. Son colages realizados no ano 2009 cos alumnos de Debuxo. Este é un exercicio que xa non propoño no obradoiro. Consiste en ir collendo recortes de revistas e facer unha escala de grises que logo se utilizará para resolver os volúmenes.









miércoles, 3 de diciembre de 2014