Xa temos todas as imaxes do pequeño proxecto. Agora toca a parte serigráfica e de embalaxe....non damos máis pistas.
viernes, 8 de abril de 2016
lunes, 4 de abril de 2016
Monográfico
Estes son algúns dos resultados obtidos no monográfico "Do Debuxo a Autoedición".
Despois dunha tormenta de ideas e de moito pensar conseguimos dar co producto deste Monográfico. Non vai ser un fanzine, nin nada parecido. A nosa autoedición terá un formato sorpresa, só adianto estes debuxos xa rematados.

martes, 8 de marzo de 2016
Inventario de animais
Os alumnos do grupo superior están xogando cos animais un pouco despois de ver o fantástico libro da ilustradora Virginie Aladjidi, "Inventario de animais".
martes, 1 de marzo de 2016
HEROES ANIMADOS
Onte estivemos de visita na Afundación de Abanca, visitando a exposición titulada "Heroes animados ".Un fantástico recorrido polo mundo do Grangel Studio de Barcelona, que traballa para productoras tan coñecidas como Universal, DreamWorks, Warner...etc.
Logo nos aproximamos a ese mundo realizando un pequeno obradoiro de animación. Isto foi o que conseguimos. Moitas grazas as monitoras.
Tamara De Lempicka
Foi unha pintora Polaca encadrada no movemento Art Decó. Destacar na sua obra os motivos do corpo feminimo, as ropaxes, así como o estilo, a moda e o glamour dos anos 20 e 30. As suas pinturas desbordan sensualidade.
Os alumnos do nivel medio están captando esta sensualidade nas interpretacións.
Utilizan carbón e pastel sobre papel de estraza. Os formatos son máis o menos de 100X70.
Os alumnos do nivel medio están captando esta sensualidade nas interpretacións.
Utilizan carbón e pastel sobre papel de estraza. Os formatos son máis o menos de 100X70.
miércoles, 17 de febrero de 2016
Unha pequena troula
Chegan onte dous alumnos do grupo de Nivel Básico e me comentan o da historia maravillosa da carpeta atopada baixo a tarima. Parece que esta pequena troula de entroido foi creida. Upss.
O modelo era eu....disfrazado
O modelo era eu....disfrazado
jueves, 11 de febrero de 2016
Debuxos de hai cen anos
Baixo a chimenea da aula temos unha tarima. Onte sen querer esvarou unha alumna, non lle pasou nada grave, so un pequeno golpe no xeonllo, pero lle cairon as chaves por un burato desa tarima. Tivemos que abrir a tarima con unhas texoiras, a unica ferramenta que temos na aula, porque so con levantala non lograbamos sacar as chaves de debaixo. Cal foi a nosa sorpresa que nos atopamos alí dentro unha carpeta de cartón duro, vella, pero ben conservada. Dentro da carpeta estaban estes debuxos.
Non están datados nin firmados pero supono que serán de principios de século. O modelo do debuxo podería ser o meu avó.
Non están datados nin firmados pero supono que serán de principios de século. O modelo do debuxo podería ser o meu avó.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)