viernes, 9 de junio de 2017

Rematando Proxectos

Xa chega o final de curso e os alumnos do nivel Avanzado apuran estes días para rematar proxectos. Que ben ver os resultados!!!!.

Os retratos realizados por Nansi



As Hitorias das cancións de Sabina debuxadas por Arturo,


Os personaxes mitolóxicos da cultura venezolana cos que está traballando Solimar...





E unha chea de traballos máis que poderemos ver na exposición de outubro e que vos irei adiantando estes días.



martes, 6 de junio de 2017

Obxeto debuxado

Estes son algúns dos obxetos debuxados deste ano do grupo Básico. Calquera obxeto cotiá é susceptible de ser debuxado.







jueves, 25 de mayo de 2017

PROCESO PÚBLICO I

Este vai ser o título da exposición temática deste ano. Os alumnos do obradoiro de Debuxo esperamos sorprender con unha peza con motivos de bicicletas.
O modelo foi a bicicleta laranxa de Max, que agora a usa Lucas. Unha bici dos anos 70 restaurada que ten historia.

Angeles

Paula

Antonio

Carmen


jueves, 18 de mayo de 2017

A libreta de Marisa

Marisa está preparando como proxecto para o próximo ano facer varias libretas de viaxe. O seu PFI é un adianto.









miércoles, 10 de mayo de 2017

PFI. Primeira parte.

O PFI, ou Produto Final Integrado é o pequeno proxecto que os alumnos dos grupos do nivel Superior realizan no terceiro trimestre. Xandra ten unha idea moi boa, ilustrar a través do debuxo, as portadas de tres libros de autores contemporáneos como Murakami.
Este é un dos primeiros bocetos.