lunes, 22 de julio de 2013

Exposición Branco e Negro

A semana pasada os obradoiros da EMAO andiveron a cen para que toda a montaxe da exposición de Branco e Negro saíra perfecta. O obradoiro de debuxo non foi menos e ca axuda dos compañeiros e cos maravillosos traballos dos alumnos penso que o resultado foi moi bo. Quero agradecer os alumnos o seu compromiso e os compañeiros a axuda prestada na montaxe.
Os que non tivestes posibilidade de achegarvos o día da inauguración, anímovos a que pasedes porque vale a pena.

O básico, o elemental .

O obradoiro de debuxo achegouse ó branco e negro sen artificios, tomando a realidade  como modelo e pasando esta polo tamiz interpretativo que ofrece a línea. Os modelos son cotidiás e a priori poden pasar desapercibidos,  pero ca axuda de un útil e un soporte tan esencial como un bolígrafo negro e unha folla de libreta en branco, conséguense debuxos que son pequeños e fantásticos bocados visuales.

As libretas son diarios da nosa vida, das nosas cousas, do noso entorno, pequenos anacos  que enchen toda ela para darlle sentido.  




No hay comentarios:

Publicar un comentario