Este vindeiro xoves 6 de marzo, ás 19:00 horas,LIBROS PARA SOÑAR organiza un encontro cos responsables de tres editoriais independentes: Arianna Squilloni, de A Buen Paso; Pablo Larraguíbel, de Ekaré; e José Díaz, de Thule. Os tres están realizando unha xira por distintas cidades do Estado e, tras presentar os seus proxectos editoriais en Andalucía e Valencia, van visitar Galicia este mes que vén.
A súa visita a LIBROS PARA SOÑAR está aberta á participación de especialistas en LIX, bibliotecarios, mediadores, docentes, críticos, autores e ilustradores, así como a lectores e lectoras en xeral, interesados na literatura infantil e xuvenil e no álbum ilustrado. Non faltará o diálogo e a interacción co público, a reflexión sobre o pasado, o presente e o futuro do panorama editorial.
No hay comentarios:
Publicar un comentario