miércoles, 18 de junio de 2014

NOVOS PRODUTOS. ¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡INAUGAURAMOS!!!!!!!






A principios do curso 2013-2014 seleccionouse unha idea, xerouse unha frase da que agromasen pequenos proxectos creativos, desenvolvidos coa participación do alumnado dos talleres, a partir dunha iniciativa individual ou colectiva, pero, en todo caso, asumida por toda a clase. 
Con Novos productos establecíase o reto de xogar co equívoco, coa sorpresa, co non-obvio, coa ironía, o absurdo ou, sobre todo, coa experimentación co que, non por ser inhabitual, deixa de ser posible... mesmo útil, pero, en todo caso, suscitante do interese dos seus artífices e do espectador.
Xogar con materiais distintos, extremar a lectura dos obxectos, fuxir do meramente denotativo para establecer diverxencias, connotacións, terceiras vías, pasos cambiados, ese era o reto.
A idea inicial transfórmase así, a través da visión e vivencia particular de cada taller e de cada individualidade, nunha explosión controlada de obxectos, irónicos uns, radicais ou reivindicativos do efémero, demostrativos do poliédrico do cotián, outros; coa procura da excelencia artesá e creativa, todos.
Obxectos e instalacións que poñen de manifesto, nesta mostra, a riqueza do proceso de aprendizaxe na EMAO, máis alá das técnicas curriculares ou de modelos preconcibidos.
Novos produtos sitúase así na contemporaneidade que corresponde a unha Escola que vive e se alimenta do seu tempo, que non esquece o seu pasado centenario, pero que é reflexo, e quere reflectir, a realidade complexa que a circunda e na que está, cremos e queremos, definitivamente inserida.

Xa sabedes, o venres 20 ás 19.00 h, esperamos a vosa presencia


No hay comentarios:

Publicar un comentario