Obxectivos:
- Analizar debuxos e pinturas de teas e ropaxes realizados por diversos artistas da historia da arte.
- Coñecer as técnicas cas que abordar os debuxos de teas e pregaduras que realizaremos.
- Coñecer os elementos gráficos do debuxo.
- Utilizar os recursos gráficos axeitados para a representación de pregaduras e teas.
Contido:
- Unha mirada á historia da representación gráfica das teas e pregaduras, desde o Románico ata o século XX. Exemplos.
- A linguaxe gráfica básica do punto e a liña. A trama . Os degradados.
- A linguaxe gráfica básica da mancha. O clarosuro.
- Estudio e observación das pregaduras e das teas a partir de debuxos de láminas.
- Aplicación práctica dos recursos gráficos utilizando debuxos de láminas como modelo.
- Estudio e observación das pregaduras e teas con escenarios reais.
- Aplicación práctica dos recursos gráficos utilizando escenarios reais.
Material a aportar polo alumnado: indicarase na primeira sesión do curso. Estímase que a súa adquisición custará
aproximadamente 10 euros.
O resto do material, ferramenta e maquinaria que se é o caso fose necesaria, será aportado pola EMAO.
No hay comentarios:
Publicar un comentario