lunes, 1 de septiembre de 2014
viernes, 4 de julio de 2014
O POBO DA FELICIDADE II
jueves, 3 de julio de 2014
O POBO DA FELICIDADE
![]() |
| Amaya |
Deixovos o de Amaya e o de Adrián
![]() |
| Adrián. |
martes, 1 de julio de 2014
Proxectos rematados
Xa vos adiantei algún dos proxectos nos que se estivo a traballar este ano , o de Isa é ben coñecido, esa tecnoloxía interestelar que nos quere levar ó espacio a través do debuxo, vai ser un clasico dos proxectos......Parabéns polos vosos traballos e a vosa constancia. Os que non rematastes polos motivos que foran espero que algún día o podades retomar e que sigades insistindo...os que rematastes expoñemos en outubro.....bennn!!!!!!!
![]() |
| Tecnoloxía interestelar |
![]() |
| Banksy e a arte queda |
![]() |
| ¿Como sienten los espacios? |
![]() |
| Compostela non é unha col ventureira |
Carpetas de Iniciación e recomendacións
Xa rematamos o curso. Este último trimestre, entre o curto que foi, a entrega de traballos e a exposición de "Novos produtos"..andivemos a cen, e non vos ensinei nada, ou moi pouco do que fixemos na aula. Quero que vexades algunhas das carpetas de Iniciación que pedín para final de curso.. O exercicio consiste en tomar un obxeto como modelo..e repetilo en diversas técnicas traballadas na aula, todos os debuxos teñen que presentarse co mellor dos mimos. Temos traballos moi ben executados pero mal presentados, é unha pena, pero temos outros que están de dez. Mirade algús exemplos. ¡¡¡parabens!!!!
Deixovos unhas cantas recomendacións de traballo a algúns alumnos, para que disfrutedes no verán do debuxo, sen agobios ....apertas
Recomendacións de traballo para Iniciación A
Xosefa Álvarez.
Realizar un ou varios, os que consideres, obxeto/volumen, utilizando línea,
pilot. Realizar escala de grises previa. Utiliza un foco para iluminar e o
visor para encaixar
Felix Costa.
Realizar uno ou varios, os que consideres, obxeto/volumen, podería ser unha
fruta, utilizando tinta. Realizar escala de grises previa. Utiliza un foco para
iluminar e o visor para encaixar
María Teresa Dieguez.
Realizar un ou varios, os que consideres, obxeto/volumen, utilizando tinta. Realizar escala de grises. Utiliza un foco
para iluminar e o visor para encaixar
María Dolores Estévez. Realizar un ou varios, os que consideres, obxeto/volumen,
utilizando línea- pilot. Realizar escala de grises previa. Utiliza un foco para
iluminar e o visor para encaixar. Realiza escalas de grises co lápis, xogando
ca mancha, sen debuxar necesariamente un obxeto.
Dolores Villar. Realizar un ou varios, os que consideres,
obxeto/volumen utilizando carbón e
intentando ser obxetiva co que ves. Realizar escala de grises previa. Utiliza
un foco para iluminar e o visor para encaixar.
Isabel Campos. Realizar un ou varios, os que consideres, obxeto/volumen,
utilizando línea- pilot.e tinta mancha. Realizar escala de grises previa. Utiliza
un foco para iluminar e o visor para encaixar. Realiza escalas de grises co
carbón, xogando ca mancha, sen debuxar necesariamente un obxeto.
Recomendacións de traballo para Iniciación B
Jesús Chaves.
Realizar un ou varios, os que consideres, obxeto/volumen, utilizando carbón.
Realizar escala de grises previa. Utiliza un foco para iluminar e o visor para
encaixar
María del Pilar
Chinchilla. Realizar un ou varios, os que consideres, obxeto/volumen,
podería ser unha fruta, utilizando tinta. Realizar escala de grises previa.
Utiliza un foco para iluminar e o visor para encaixar
Ana María De La
Concepción Pereira. Realizar un ou varios, os que consideres,
obxeto/volumen, utilizando tinta, carbón e lápiz mancha para cada obxeto.
Realizar escala de grises previa en cada técnica. Utiliza un foco para iluminar
e o visor para encaixar
María Ignacia
Fernández. Realizar uno ou varios, os que consideres, obxeto/volumen, que
non sexa unha fruta, utilizando tinta. Realizar escala de grises previa.
Utiliza un foco para iluminar e o visor para encaixar
Sonia Fernández. Realiza escalas de grises a lápis de varias
durezas. Traballa as túas mans ou calquera outro obxeto que consideres. Utiliza
un foco para iluminar e o visor para encaixar
Consuelo Fontán.
Realizar un ou varios, os que consideres, obxeto/volumen, utilizando tinta.
Realizar escala de grises previa. Utiliza
un foco para iluminar e o visor para encaixar
Jose Domínguez. Realizar un o varios, os que consideres,
obxeto/volumen, podería ser unha fruta, utilizando tinta e pilot facendo trama.
Realizar escala de grises previa. Utiliza un foco para iluminar e o visor para
encaixar
Vanessa Fernández. Realizar un ou varios, os que consideres,
obxeto/volumen, podería ser unha fruta, utilizando tinta e pilot facendo trama.
Realizar escala de grises previa. Utiliza un foco para iluminar e o visor para
encaixar
Marta Fernández. Realizar un ou varios, os que consideres, obxeto/volumen,
utilizando tinta. Realizar escala de grises previa. Utiliza un foco para
iluminar e o visor para encaixar
lunes, 23 de junio de 2014
Fotos do montaxe e da exposición
A María Teresa Cendón, lle fixemos un retrato no Dibumatón, tres minutos posando, para ter un retrato fresco e dinámico....este foi o primeiro da tarde pero, o Dibumatón botou fume desde que abriron as portas ata que pecharon. Logo posou Germán Pintos.... A exposición recolle moi ben a capacidade imaxinativa desta escola, dos alumnos e dos mestres. Capacidade para reinventarse, para abrir as fiestras e deixar que entre o aire. Penso que o listón queda moi alto para as próximas mostras.
Felicidades a todos!!!!!
miércoles, 18 de junio de 2014
NOVOS PRODUTOS. ¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡INAUGAURAMOS!!!!!!!
A principios do curso 2013-2014 seleccionouse unha idea, xerouse unha frase da que agromasen pequenos proxectos creativos, desenvolvidos coa participación do alumnado dos talleres, a partir dunha iniciativa individual ou colectiva, pero, en todo caso, asumida por toda a clase.
Con Novos productos establecíase o reto de xogar co equívoco, coa sorpresa, co non-obvio, coa ironía, o absurdo ou, sobre todo, coa experimentación co que, non por ser inhabitual, deixa de ser posible... mesmo útil, pero, en todo caso, suscitante do interese dos seus artífices e do espectador.
Xogar con materiais distintos, extremar a lectura dos obxectos, fuxir do meramente denotativo para establecer diverxencias, connotacións, terceiras vías, pasos cambiados, ese era o reto.
A idea inicial transfórmase así, a través da visión e vivencia particular de cada taller e de cada individualidade, nunha explosión controlada de obxectos, irónicos uns, radicais ou reivindicativos do efémero, demostrativos do poliédrico do cotián, outros; coa procura da excelencia artesá e creativa, todos.
Obxectos e instalacións que poñen de manifesto, nesta mostra, a riqueza do proceso de aprendizaxe na EMAO, máis alá das técnicas curriculares ou de modelos preconcibidos.
Novos produtos sitúase así na contemporaneidade que corresponde a unha Escola que vive e se alimenta do seu tempo, que non esquece o seu pasado centenario, pero que é reflexo, e quere reflectir, a realidade complexa que a circunda e na que está, cremos e queremos, definitivamente inserida.
Xa sabedes, o venres 20 ás 19.00 h, esperamos a vosa presencia
Suscribirse a:
Entradas (Atom)


































