https://rgtcritica.wordpress.c om/2017/09/04/vi-certame-galeg o-de-banda-desenada-sobre- teatro/
martes, 19 de septiembre de 2017
Certame de BD
Deixovos un enlace do certame de BD da revista de teatro entre debuxantes.
https://rgtcritica.wordpress.c om/2017/09/04/vi-certame-galeg o-de-banda-desenada-sobre- teatro/
https://rgtcritica.wordpress.c om/2017/09/04/vi-certame-galeg o-de-banda-desenada-sobre- teatro/
viernes, 1 de septiembre de 2017
miércoles, 26 de julio de 2017
Felices días de verán
Unha luminosa canción para celebrar o reposo. Disfrutade do verán...eu penso facelo.
lunes, 24 de julio de 2017
Monográfico. Resultados
Foron dúas semanas de traballo moi intenso, xa que condensamos en pouco tempo técnicas e procesos, pero penso que os resultados merecen a pena. Agora a seguir debuxando co aprendido.
Deixo aquí algúns dos resultados.
Agora a disfrutar do verán.
Deixo aquí algúns dos resultados.
Agora a disfrutar do verán.
lunes, 3 de julio de 2017
PROCESO PÚBLICO II
Despois de ter realizado unha boa serie de bicicletas na aula, preparamos a peza exterior de panelado que se colocou o venres para a inauguración da exposición "Proceso Público". Anímovos a que pasedes a mirala.
Felicidades aos alumnos do grupo medio.
Felicidades aos alumnos do grupo medio.
miércoles, 21 de junio de 2017
Monográfico de Debuxo nos mes de Xullo
No mes de Xullo o obradoiro de Debuxo estará aberto para aqueles que queran facer este monográfico específico. Recordade que non poderán asistir aqueles alumnos matriculados na EMAO no curso 2016-17, xa que está pensado para ex alumnos que queran seguir en contacto ca especialidade ou novos alumnos que nunca estiveron en Debuxo na EMAO.
Obxectivos:
- Analizar debuxos e pinturas de teas e ropaxes realizados por diversos artistas da historia da arte.
- Coñecer as técnicas cas que abordar os debuxos de teas e pregaduras que realizaremos.
- Coñecer os elementos gráficos do debuxo.
- Utilizar os recursos gráficos axeitados para a representación de pregaduras e teas.
Contido:
- Unha mirada á historia da representación gráfica das teas e pregaduras, desde o Románico ata o século XX. Exemplos.
- A linguaxe gráfica básica do punto e a liña. A trama . Os degradados.
- A linguaxe gráfica básica da mancha. O clarosuro.
- Estudio e observación das pregaduras e das teas a partir de debuxos de láminas.
- Aplicación práctica dos recursos gráficos utilizando debuxos de láminas como modelo.
- Estudio e observación das pregaduras e teas con escenarios reais.
- Aplicación práctica dos recursos gráficos utilizando escenarios reais.
Material a aportar polo alumnado: indicarase na primeira sesión do curso. Estímase que a súa adquisición custará
aproximadamente 10 euros.
O resto do material, ferramenta e maquinaria que se é o caso fose necesaria, será aportado pola EMAO.
martes, 13 de junio de 2017
Suscribirse a:
Entradas (Atom)






















