viernes, 26 de julio de 2013

O coñecemento segredo

Deixovos unha reportaxe de Punset sobre os estudios de David Hockney  sobre as ferramentas que utilizaron os "clásicos" na elaboración das súas obras, como a cámara clara e a cámara oscura. Existe tamén un libro sobre o tema, "O coñecemento segredo". Moi, moi recomendable.




lunes, 22 de julio de 2013

Exposición Branco e Negro

A semana pasada os obradoiros da EMAO andiveron a cen para que toda a montaxe da exposición de Branco e Negro saíra perfecta. O obradoiro de debuxo non foi menos e ca axuda dos compañeiros e cos maravillosos traballos dos alumnos penso que o resultado foi moi bo. Quero agradecer os alumnos o seu compromiso e os compañeiros a axuda prestada na montaxe.
Os que non tivestes posibilidade de achegarvos o día da inauguración, anímovos a que pasedes porque vale a pena.

O básico, o elemental .

O obradoiro de debuxo achegouse ó branco e negro sen artificios, tomando a realidade  como modelo e pasando esta polo tamiz interpretativo que ofrece a línea. Os modelos son cotidiás e a priori poden pasar desapercibidos,  pero ca axuda de un útil e un soporte tan esencial como un bolígrafo negro e unha folla de libreta en branco, conséguense debuxos que son pequeños e fantásticos bocados visuales.

As libretas son diarios da nosa vida, das nosas cousas, do noso entorno, pequenos anacos  que enchen toda ela para darlle sentido.  




Recollida de diplomas

Deixo unha foto do grupo de Perfeccionamento II na recollida de diplomas deste ano. Faltan algúns alumnos que non andaban por Vigo e que botamos de menos



. Felicidades a todos!!!!!!

martes, 9 de julio de 2013

Papeles

Deixovos o enlace do catalogo de papeles Canson. É interesante coñecer os soportes sobre os que traballar. Temos outras moitas marcas pero esta pode servir de referencia.

http://www.canson.es/documents/BellasArtes.pdf

lunes, 1 de julio de 2013


¡HOLA A TODOS!


Abrimos este espazo con alguns dos traballos realizados polos alumnos este año 2012-13 . Espero que vos gusten



DESCAMISADOS CAS LIBRETAS