Este trimestre con Nivel Superior traballamos sobre o retrato..interesándonos polas poses rápidas e concentrándonos sobre todo nas estructuras do rostro e na axilidade do trazo.
Outro Blog onde podedes perderos con unha chea de autores de cómic. Unha delicia para adicarlle un tempo en un domingo de chuvia. Remítovos a Luis García un clásico da banda española que lembro publicaba na revista RAMBLA nos anos 80 Cómic is art
Os alumnos de Nivel medio, perdéronse pola EMAO buscando espazos para debuxar con mancha. E faltan moitos traballos máis que quedaron moi ben. Seguide traballando.
O Museo ABC (Madrid) acolle, por primeira vez nunha exposición, a un grupo de once artistas que revolucionaron co lápiz o gouache e a acuarela o debuxo da España do final da dictadura ......
Rematou o verán, xa estamos de volta. Que felices fomos baixo as palmeras de Hawai....tocando o ukelele.
Pamela debuxou este instrumento como anticipo do verán.
Voltamos amigos!!!!
Os alumnos de Iniciación xa entregaron os seus traballos. Parabens a todos...deixo uns cantos exemplos porque son fantásticos...todos traballastes moito e estou verdaderamente contento. Esta semana intentarei que vexades máis traballos.