miércoles, 17 de febrero de 2016

Unha pequena troula

Chegan onte dous alumnos do grupo de Nivel Básico e me comentan o da historia maravillosa da carpeta atopada baixo a tarima. Parece que esta pequena troula de entroido foi creida. Upss.
O modelo era eu....disfrazado


jueves, 11 de febrero de 2016

Debuxos de hai cen anos

Baixo a chimenea da aula temos unha tarima. Onte sen querer esvarou unha alumna, non lle pasou nada grave, so un pequeno golpe no xeonllo, pero lle cairon as chaves por un burato desa tarima. Tivemos que abrir a tarima con unhas texoiras, a unica ferramenta que temos na aula, porque so con levantala non lograbamos sacar as chaves de debaixo. Cal foi a nosa sorpresa que nos atopamos alí dentro unha carpeta de cartón duro, vella, pero ben conservada. Dentro da carpeta estaban estes debuxos.
Non están datados nin firmados pero supono que serán de principios de século. O modelo do debuxo podería ser o meu avó.



miércoles, 10 de febrero de 2016

Panificadora

Chega Aurora  o outro día, alumna do grupo superior, e me di que me ten que ensinar algo. Entérome que están a quedar ela máis unha amiga que xa estivera en debuxo, para facer perspectivas urbanas. Xa sei de outras ex alumnas que se reunen para debuxar na rua.
Isto é unha alegría  para min, non sabedes ata que punto me fai feliz este feito.


miércoles, 3 de febrero de 2016

Para cociñar peixe quita a camisa

Pois iso..e se podes debuxas a camisa e o peixe na libreta. Nivel Medio

Xandra

Jose

Gaudencio

Gaudencio

Eduardo

Clara

M.Sol

M.Sol

Marisa

Manuel

Susana

Marisa

Pepe

Begoña

Begoña

Luci