lunes, 28 de abril de 2014

Pedal, Debuxo e premio

Onte, como anunciara, foi o día da Pedaliña, ese evento que consiste nun circuito urbán que se recorre en bicicleta. Como os alumnos de debuxo  fomos os gañadores do concurso de carteis, alí estivemos celebrado o triunfo e pedaleando un pouco. Atopamonos con Xaime, o mestre constructor de zanfonas, un gran aficionado a este vehículo.






sábado, 12 de abril de 2014

viernes, 11 de abril de 2014

Pechamos a porta

Rosa de Perfeccionamento I debuxou a pastel a porta da entrada da nosa aula. Pechamos unha semana. Chaooo!!!!!


¿Cómo sentes os espazos?

Xa temos as primeiras probas do proxecto de Olimpia, no que xoga cas escalas casi como se o obxetivo final fose unha peza escultórica, algo que a priori non pensara pero que podería funcionar como tal.




miércoles, 9 de abril de 2014

Elefante comellón

O venres Marc Taeger presentou na librería  Libros para soñar o libro "Elefante comellón".No proceso de impresión dos orixinais, o ilustrador contou coa colaboración dos mestres Alba Pardo e Federico Fernández. Todo un pracer....deixovos o resultado e remítovos o blog de Serigrafía que ten máis fotos e información.

elefante comellón


martes, 8 de abril de 2014

Metamorfosis

Unha exposición moi interesante se ides a Barcelona.

METAMORFOSIS

Deixo unha animacion de Ladislas Starewitch  un  dos pioneiros da animación de marionetas



Novos Productos V

Hoxe probamos a cámara  na rúa con luz natural. Estamos pensando en facer un caixón con rodas para transportalo e ir traballar ó Príncipe. Ca lente que puxemos so poderemos facer retrato..non temos profundidade de campo infita como en unha cámara estenopeica.






viernes, 4 de abril de 2014

Novos Productos IV

Está rematada. Falta por construir o trípode e que chegue o sol para probala na rúa.
Mirade que acabados, temos que darlle as grazas a Benito que en isto do traballo da madeira está feito un manitas.




jueves, 3 de abril de 2014

O obradoiro de Debuxo gaña o concurso da Pedaliña !!!!!!

Hoxe fixeron público o cartel gañador do concurso de carteis da "Pedaliña", e o taller de Debuxo levou unha gran alegría xa que dous dos tres premios foron exercicios grupales de dous cursos. O primeiro premio o levou Iniciación B, e o segundo premio Perfeccionamento II A. Parabéns para os dous grupos e tamén para o alumno de Serigrafía que levou o terceiro premio. Os diplomas foron entregados polo alcalde da cidade e polo concelleiro de educación, así como o presidente da asociación "A golpe de pedal" e varios patrocinadores . Deixovos unhas fotos do cartel gañador e do evento.


primeiro e segundo premio


os tres gañadores





miércoles, 2 de abril de 2014

Exposición de Pepe. Alumno de Iniciación B

Pepe, alumno de Iniciación B, inaugura o 12 de abril  na igrexa de Candeán unha selección de esculturas e tallas moi particulares. Foi alumno de Escultura e talla na EMAO e agora cursa Debuxo. Deixo  o cartel da exposición.