jueves, 30 de marzo de 2017

O mundo de Paula na libreta

Estes son algúns dos debuxos da libreta de Paula, alumna do grupo Medio. Un diario en imaxes que resulta unha delicia. Parabens.








viernes, 24 de marzo de 2017

Xornada de Portas Abertas o 31 de Marzo na Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo

Co gallo dos Días europeos da Artesanía, a Escola de Artes e Oficios de Vigo propón unha Xornada de Portas Abertas, o vindeiro venres día 31 de Marzo.
Podedes pasar pola aula de Debuxo para coñecer o noso traballo de 16:00 a 18:00. 

Vos esperamos.

Días Europeos da Artesanía


martes, 21 de marzo de 2017

Apuntes do corpo

Poses rápidas ...necesitamos modelos..REGALAMOS O DEBUXO QUE MÁIS TE GUSTE...se o autor quere. Pasade pola aula de Debuxo. Primeiro piso.

Suso

Suso

Jose

Eva

Víctor

Beti



jueves, 16 de marzo de 2017

Ignacio Pérez-Jofre na EMAO

O próximo martes día 21 ás 19:00 h, Ignacio Pérez-Jofre visitará a EMAO para falar da súa traxectoria profesional e do seu último libro " Escombro". Vai ser unha charla imprescindible para os alumnos de Debuxo e de Pintura, pero está aberto a calquera persoa que teña interesse por escoitar a este fantástico debuxante, pintor e comunicador.

Deixovos o enlace do seu blog para quen non coñeza a obra de Ignacio:

http://ignacioperezjofre.blogspot.com.es/