miércoles, 21 de junio de 2017

Monográfico de Debuxo nos mes de Xullo

No mes de Xullo o obradoiro de Debuxo estará aberto para aqueles que queran facer este monográfico específico. Recordade que non poderán asistir aqueles alumnos matriculados na EMAO no curso 2016-17, xa que está pensado para ex alumnos que queran seguir en contacto ca especialidade ou novos alumnos que nunca estiveron en Debuxo na EMAO.





Obxectivos: 

- Analizar debuxos e pinturas de teas e ropaxes realizados por diversos artistas da historia da arte.
- Coñecer as técnicas cas que abordar os debuxos de teas e pregaduras que realizaremos. 
- Coñecer os elementos gráficos do debuxo. 
- Utilizar os recursos gráficos axeitados para a representación de pregaduras e teas. 

Contido: 

- Unha mirada á historia da representación gráfica das teas e pregaduras, desde o Románico ata o século XX. Exemplos. 
- A linguaxe gráfica básica do punto e a liña. A trama . Os degradados. 
- A linguaxe gráfica básica da mancha. O clarosuro. 
- Estudio e observación das pregaduras e das teas a partir de debuxos de láminas. 
- Aplicación práctica dos recursos gráficos utilizando debuxos de láminas como modelo. 
- Estudio e observación das pregaduras e teas con escenarios reais. 
- Aplicación práctica dos recursos gráficos utilizando escenarios reais. 

Material a aportar polo alumnado: indicarase na primeira sesión do curso. Estímase que a súa adquisición custará aproximadamente 10 euros. O resto do material, ferramenta e maquinaria que se é o caso fose necesaria, será aportado pola EMAO. 

viernes, 9 de junio de 2017

Rematando Proxectos

Xa chega o final de curso e os alumnos do nivel Avanzado apuran estes días para rematar proxectos. Que ben ver os resultados!!!!.

Os retratos realizados por Nansi



As Hitorias das cancións de Sabina debuxadas por Arturo,


Os personaxes mitolóxicos da cultura venezolana cos que está traballando Solimar...





E unha chea de traballos máis que poderemos ver na exposición de outubro e que vos irei adiantando estes días.



martes, 6 de junio de 2017

Obxeto debuxado

Estes son algúns dos obxetos debuxados deste ano do grupo Básico. Calquera obxeto cotiá é susceptible de ser debuxado.