jueves, 27 de febrero de 2014

Tour de pequenos Editores


Este vindeiro xoves 6 de marzo, ás 19:00 horas,LIBROS PARA SOÑAR  organiza un encontro cos responsables de tres editoriais independentes: Arianna Squilloni, de A Buen Paso; Pablo Larraguíbel, de Ekaré; e José Díaz, de Thule. Os tres están realizando unha xira por distintas cidades do Estado e, tras presentar os seus proxectos editoriais en Andalucía e Valencia, van visitar Galicia este mes que vén.


A súa visita a LIBROS PARA SOÑAR está aberta á participación de especialistas en LIX, bibliotecarios, mediadores, docentes, críticos, autores e ilustradores, así como a lectores e lectoras en xeral, interesados na literatura infantil e xuvenil e no álbum ilustrado. Non faltará o diálogo e a interacción co público, a reflexión sobre o pasado, o presente e o futuro do panorama editorial.


miércoles, 26 de febrero de 2014

Juan Francisco Casas

Un xoven artista que se caracteriza por facer obras de gran formato utilizando o bolígrafo bic como útil. Un fenómeno que lle saca o máximo rendemento a un material tan cotiá como un boli.

Juan Francisco Casas



martes, 25 de febrero de 2014

Thomas Ott

Para aqueles amantes do cine negro e da historieta clásica, recoméndovos a Thomas Ott. Este debuxante de banda traballa a técnica do cartón grattage que lle permite contrastar moito as images, ademais move o punto de vista para conseguir  planos cargados de forza dun xeito maxistral conseguindo deste xeito unha estética moi cinematográfica que recorda o mellor Carol Reed. Os guións..verdadeira literatura en imaxes.
Edita con Ediciones La cúpula







viernes, 21 de febrero de 2014

miércoles, 19 de febrero de 2014

Urban Sketchers II

O outro día deixeivos o enlace que nos remite os urban sketches spain. Eses tipos que se reunen para debuxar na rúa e disfrutar desta actividade maravillosa que é o debuxo. Unha actividade  que está moi de moda, tanto que os urban sketchers se ven por todo o mundo. Podedes ver máis traballos de debuxantes en Francia, Portugal, Italia, Alemania, USA......disfrutade.

urban sketchers

zapateando

Iniciación xa se lanza co traballo de línea e obxeto. As fotos non son moi boas pero nos podemos facer unha idea de parte do traballo. Cando teña traballo de cada un dos alumnos xa colgarei máis imaxes como fixemos cas perspectivas. Estas son para abrir boca.







martes, 18 de febrero de 2014

CRISANTO O CANDIDATO

Temos en Debuxo un candidato para as eleccións a representante de alumnos.

Chámase CRISANTO e debuxa deste xeito.

Anímovos a que votedes para facer máis escola.









lunes, 17 de febrero de 2014

martes, 11 de febrero de 2014

miércoles, 5 de febrero de 2014

Espazos da EMAO

No primeiro trimestre cos alumnos de Iniciación traballamos a perspectiva como tema principal na complementaria específica para Debuxo. O resultado deste traballo son as perspectivas realizadas do natural aplicando o aprendido. Deixovos unha selección deste traballo, espero que recoñezades eses espazos.
Parabens rapaces.











lunes, 3 de febrero de 2014

Kuniyoshi

Cando facemos referencia a historia do debuxo, moitas veces esquencemos que en oriente existe unha gran tradición de mestres debuxantes e gravadores que influíron moito na ilustración occidental  e o cómic do século XX. En Xapón Kuniyoshi traballaba deste xeito que vos deixo no enlace. Un icono Pop.

Kuniyoshi