lunes, 29 de septiembre de 2014

Ciencia Fricción

E despois de ver o documental de Tomi Ungerer en Libros para soñar, nos pasamos polo Halcón Milenario para ver a nova exposición que inauguran estes rapaces "Ciencia Fricción", unha exposición colectiva que reune a Alberto Hortas, Isaac Cordal, Nanvaz, Liqen, Oscar Sanmartín, Peri e Toño Pérez. A mito-ficción e a creación de mundos descoñecidos nunca antes creados serán o fío conductor de esta mostra que non podedes perder





Tomi Ungerer


Este venres na librería de Libros para Soñar  temos unha cita con un dos grandes ilustradores do século XX  Tomi Ungerer. Deixovos a información.




 
LIBROS PARA SOÑAR (Triunfo nº 1, Vigo) acollerá este venres 3 de outubro, a partir das 18:30 horas, a proxección do documental “A historia de Tomi Ungerer”, escrito e dirixido por Brad Bernstein. CANAL+ Xtra emitiuno na súa programación e agora, con motivo do inicio da nova tempada de actividades de LIBROS PARA SOÑAR, preséntase nun acto dirixido a público adulto, especialmente profesionais vencellados á ilustración, ao deseño e á docencia artística.
 
O documental resume en 94 minutos as 40 horas de entrevista que Bernstein mantivo con Ungerer, que repasa a súa vida, as súas cinco décadas de traxectoria profesional e as súas múltiples facetas creativas, dende a literatura infantil e xuvenil ata os seus traballos máis subversivos de temática política, anti-bélica ou erótica, pasando polas súas incursións na publicidade ou na escultura. As súas palabras e ilustracións animadas combínanse con intervencións doutros debuxantes coetáneos, como Maurice Sendak ou Jules Feiffer.
 
Por outra banda, os álbums ilustrados de Tomi Ungerer para público infantil centrarán a sesión de contacontos parapúblico infantil a partir de 4 anos que se celebrará o vindeiro venres 10 de outubro, ás 18:30 horas. Ademais de repasar a súa obra máis coñecida, “Os tres bandidos”, o repertorio completarase con “Adelaida”“Críctor” “Onde está o meu zapato?”, recuperados recentemente por KALANDRAKA.
 
Tomi Ungerer (Estrasburgo, 1931), que xa foi galardoado co Premio Hans Christian Andersen en 1998 e co Premio Europeo de Cultura en 1999, vén de recibir en Francia a Orde Nacional do Mérito.
 

viernes, 26 de septiembre de 2014

Para outubro PROXECTOS

Xa temos os proxectos listos para a exposición de outubro. Isa estivo no verán traballando en novos debuxos que ilustrarán o fantástico libro de Tecnoloxía Interestelar, que sairá adiante grazas a colaboración do obradoiro de encadernación e serigrafía.




Tamén vos adianto unhas imaxes do proxecto de Lorena



Ata aquí podo ensinarvos..So tedes que estar atentos a data da exposición de proxectos porque promete. Os traballos de Olimpia e Paco tamén son fantásticos