martes, 8 de marzo de 2016

Inventario de animais

Os alumnos do grupo superior están xogando cos animais un pouco despois de ver o fantástico libro da ilustradora Virginie Aladjidi, "Inventario de animais".







martes, 1 de marzo de 2016

HEROES ANIMADOS

Onte estivemos de visita na Afundación de Abanca, visitando a exposición titulada "Heroes animados ".Un fantástico recorrido polo mundo do Grangel Studio de Barcelona, que traballa para productoras tan coñecidas como Universal, DreamWorks, Warner...etc.
Logo nos aproximamos a ese mundo realizando un pequeno obradoiro de animación. Isto foi o que conseguimos. Moitas grazas as monitoras.




Tamara De Lempicka

Foi unha pintora Polaca encadrada no movemento Art Decó. Destacar na sua obra os motivos do corpo feminimo, as ropaxes, así como o estilo, a moda e o glamour dos anos 20 e 30. As suas pinturas desbordan sensualidade.
Os alumnos do nivel medio están captando esta sensualidade nas interpretacións.
Utilizan carbón e pastel sobre papel de estraza. Os formatos son máis o menos de 100X70.