miércoles, 18 de diciembre de 2013

Marc Taeger na EMAO

Marc Taeger

Onte o ilustrador e diseñador Marc Taeger  estivo connosco. Ensinou o seu fantástico traballo dando claves sobre os porqués das súas ilustracións e da importancia de disfrutar deste traballo. Poidemos ver algunhas das planchas en linóleo co que fará o próximo traballo, que logo estampamos no taller de Serigrafía.

Se queredes ver máis fotos no blog de Serigrafía e o traballo de Marc no seu blog, deixovos estes enlaces

http://serigrafiaemao.blogspot.com.es/2013/12/marc-taeger.html

http://www.marquski.com/










jueves, 12 de diciembre de 2013

A EMAO en perspectiva

A EMAO en perspectiva.

Debuxos de perspectivas fora da aula...biblioteca, pasillos, calquera rincón serve para facer as primeiras prácticas cos alumnos de Iniciación. Línea de horizonte, puntos de fuga...debuxos de Escola.

Xa iremos colgando as perspectivas cando as teña escaneadas con mellor calidade.









miércoles, 11 de diciembre de 2013

cámara clara

Cámara Clara actualizada

Por uns cantos euros poderedes debuxar con un artiluxo que utilizaba, segun David Hockney, o gran Ingres.

cámara clara


Marc Taeger na EMAO

Marc Taeger na EMAO

A próxima semana, o martes 17 as 16.30 o ilustrador e diseñador Marc Taeger nos acompañará dando unha clase maxistral para os alumnos de Debuxo, Serigrafía e Escultura. Fará un monográfico sobre a técnica de gravado en linóleo, xa que as tres especialidades estamos a traballar en torno a este material. Marc nos presentará o seu novo traballo que está a ilustrar con esta técnica e que fará connosco no taller de serigrafía. Todo un placer

Deixovos unha mostra do seu traballo para que o coñezades mellor.

http://www.marquski.com/








jueves, 5 de diciembre de 2013

A FAMILIA

A familia

A partir de foto. Para regalar, colgar na casa , meter nunha carpeta....aprender esa é a finalidade. Retratos en proceso e finalizados, temos de todo pero a próxima semana empeza a diversión. Non usaremos o filtro da fotografía e traballaremos do natural












A libreta de Angel Sampedro.

A libreta de Angel Sampedro.

Angel ilustra este apartado cos seus debuxos de libreta, mirade a súa inevitable tendencia a caricatura.








martes, 3 de diciembre de 2013

A libreta de Angel.

Deixovos unha selección dos debuxos da libreta de Angel Rúa, outro alumno de Perfeccionamento I que está empatado con este traballo. Espero que algún día as podades ver completas e comprobar a evolución do seu contido. O tema desta semana foron pliegues e naturezas mortas.






Esas pequenas cousas que nos fan sonreir na aula