miércoles, 29 de enero de 2014

Roland Topor

Topor é un dos debuxantes referencia. Fixádevos no traballo de tramas. Un mestre.





Debuxo entre nos

Preséntovos unha selección daqueles retratos que se traballaron durante o mes de decembro e xaneiro nos obradoiros de PerfeccionamentoII e do que xa vos adiantara algo en este blog. Pensade que son sesións curtas e moitos dos debuxos quedaron sen rematar, pero gozan dunha  gracia especial, ben polo parecido co retratado ou polo trazo utilizado e a soltura ca que está
resolto o carboncillo. Agora so tedes que coller ós vosos familiares e seguir practicando,ou pode que un día nos acerquemos a rúa do Principe a facer algunha sesión cos paseantes...je,je,je









lunes, 27 de enero de 2014

O resultado dos linóleos

Aínda falta por estampar algunha plancha...pero este é o traballo  ata agora. Debuxos do natural feitos de perfil para traducilos ó gravado en linóleo. Algún dos modelos se repite. Ningún comentario co que Duli me fixo a min..ok?...Ten moita gracia..gústame moito.

Moi ben rapaces












viernes, 17 de enero de 2014

Un Artista TOTAL. Fela Borbone

Fela Borbone tocaba con un grupo chamado Ulan Bator alá polos anos noventa. Estes tipos construían os seus propios instrumentos a base de material reciclado. Imaxinade a Fela no obradoiro de construcción de instrumentos musicales querendo merter pastillas a esgalla nas zanfonas. Toda unha persoaxe.

Encantame



Traballando con Marc

Deixovos os documentos deste traballo feitos por Paula Mariño, a profesora de Pintura, e Alba Pardo, a profesora de Serigrafía. Un pracer traballar con Marc.

Reportaxe Paula

Reportaxe Alba