viernes, 27 de septiembre de 2013

UN MODELO A IMITAR

No ano 97 estiven na Documenta de Kassel,e puiden ver en directo a moitos daqueles artistas que estaban no top ten da vangarda da arte;  pero o que me chamou realmente a atención daquela viaxe,  foi un colectivo de Hamburgo denominado U-Kunst ,  que quere dicir algo así como Non Arte. Este colectivo rexentaba un edificio enteiro e baleiro con grandes espazos abertos e talleres de traballo, tamén con exposicións das súas obras, pinturas, esculturas, serigrafías. Aquel espazo era toda unha experiencia artística que permitía ter contacto directo co traballo do propio autor. Este mesmo modelo o mirei en Berlín xa polos dousmiles.
Me da moita envexa ver como existen cidades que aproveitan todo o potencial creativo da xente facilitando espazos de traballo en edificios que non se utilizan. Este modelo se está a dar en cidades como Barcelona  ou Madrid

En Vigo temos potencial para facer algo así, non somos Barcelona nin Madrid pero somos unha gran cidade que non se pode dormir. É preciso reflexionar sobre a reutilización dos edificios en desuso.

http://www.bcn.cat/fabriquesdecreacio/es/que_es.html

Deixovos tamén este interesante video dun espazo que pertence a este modelo, La Escocesa. Descoñezo o funcionamento interno destes espazos pero a priori pintan moi ben.

https://www.youtube.com/watch?v=H4JSOWT6ruM

No hay comentarios:

Publicar un comentario